Realizando un soño

Martes, Marzo 2nd, 2010

Fai anos xa que desexaba poder vestirme unha steadicam, gracias á Asociación Senunpeso de Vedra, que organizou un obradoiro de steady no Lav10, puiden realizar ese soño. E gustoume.

Aquí deixo un vídeo que realizou Gutier a modo de «making of» durante o obradoiro.

Steadycam Workshop LAV010 from Gutier Rolán on Vimeo.

E o mellor foron tanto o profesor coma os compañeiros do curso, profesionais e estudantes do sector audiovisual cos que houbo en todo momento moi bo rollo.

S.D. Cruces – 25 Anos de Historia

Mércores, Decembro 23rd, 2009

E sigo a sacar vídeos do baúl dos recordos, aquí deixo o documental que realizamos no 25 aniversario da Sociedade Deportiva Cruces, o equipo de fútbol afeizoado de Vila de Cruces. Para facelo axudoume Gonzalo Brea, meu primo, de quen saíu a idea de facelo. Nel podemos escoitar, entre outras, as verbas de Don Nicolás, que xa nos deixou pero a quen non esquecemos. Adicado aos nostálxicos do «Cruces»

Vellos vídeos de escola…

Luns, Decembro 21st, 2009

Aqui deixo un vídeo que fixemos na Escola de Imaxe e Son de Vigo alá polo 2004, trátase dun bloque de anuncios publicitarios que gravamos ca idea de introducir nos programas de televisión que se realizaban nas prácticas da escola pero poida que nos pasásemos un pouco e a profesora censurouno e non o chegamos a utilizar, poida que en certos momentos rocemos o mal gusto, pero e que de aquelas gustábamos de facer carallada, eramos novos e irresponsables, ahí o deixo, máis que nada, para que os meus vellos compañeiros de clase, aos que mando un agarimoso saúdo, o lembren.

Reportaxe Galo de Curral 2005

Sábado, Decembro 5th, 2009

Aquí vos deixo a reportaxe realizada na «XII Festa Gastronómica do Galo de Curral» celebrada o 29 de Maio de 2005 en Vila de Cruces. Este foi o derradeiro ano, ata agora, que fixemos a reportaxe do galo, e foi o máis profesional.

César Gómez «Checha» actúa coma reporteiro nesta realización multicámara con Césa Brea, Xavier Leiro e Pablo Aldrey coma cámaras xunto comigo, Sergio Mella, que fago de cámara e montador. Aquí deixo a lista de reproducción (4 vídeos).

Reportaxe Galo de Curral 2004

Sábado, Decembro 5th, 2009

Este é o vídeo-reportaxe do Galo de Curral de Víla de Cruces realizado na «XI Festa Gastronómica do Galo de Curral» celebrada o 30 de Maio de 2005 en Vila de Cruces. Coma nos anteriores, eu, Sergio Mella, cámara e montador e César Gómez «Checha», reporteiro dicharacheiro.
É máis curto que os outros e a calidade de video non é optima porque daquela liábame cos formatos de vídeo. Aí tedes a lista de reproducción (2 vídeos).

Reportaxe Galo de Curral 2001

Martes, Decembro 1st, 2009

En Maio de 2001, Checha máis eu decidimos facer un video-reportaxe ao estilo «Caiga Quien Caiga» durante a Festa do Galo de Curral e, despois de oito anos, decidín subilo a Youtube e aquí o tedes, esta partido en dous anacos pola limitación de 10 minutos de Youtube o que deixo aquí é unha lista de reproducción, o seguinte vídeo reproducirase automáticamente. Non sexades moi esixentes, eramos novatos tanto o cámara coma o reporteiro (e o montador…)

Poor Man´s Steady Cam Test

Xoves, Marzo 26th, 2009

 
Para quen non o saiba unha Steady Cam é un sistema formado por arnés, brazo e contrapesos que consegue estabilizar unha cámara en planos nos que o operador realiza movementos coma subir escaleiras, correr etc conseguindo unhas imaxes cun movemento moi suave e atenuado. Pero ten un inconvinte, é moi cara, polo que a alguén se lle dou por inventar a «Poor Man´s Steady Cam«.

A Steadicam do pobre, bueno é o nome que elixiron os que idearon este invento, xa estivemos facendo as primeiras probas, e aquí deixo as primeiras imaxes, que por certo subín a vimeo para tamén probar este servizo de vÍdeo, non todo vai ser youtube inda que agora que xa soporta HD non era moi necesario.

Non quedou moi fino, a verdade é que o equipo pesa case os 6 kg e eu sempre tiven os brazos algo febles, o modelo é Uxio a quen agradecin a súa participación como modelo metendo unha música no vídeo que el mesmo elixiu.

O aparello está formado por tres pezas que se unen enroscan nunha T, inda me falta rematar correctamente o anclaxe das pesas para o que necesitarei a axuda dun torneiro que lles faga unha rosca interior, teño que agradecer a colaboración con este aparello a meu pai que me deixou a ferramenta para facer as roscas no tubo galvanizado (terraxa), a Jose Manuel Míguez (o da gasolinera) que me fixo de soldador e a José Manuel Santiso (o outro da gasolinera).

Fáltanos algo máis de práctica porque despois de ver o vídeo dos inventores do trebello coido que se poden sacar imaxes mellores. Pode que teña que acortar un pouco o pau de abaixo e quitarlle peso, probamos con 2+1 kg e penso que chega con dous, a cámara pesa 2,600. Seguiremos probando, deixo o vídeo dos inventores para que comprobedes que o cacharro funciona.

Breve test da capacidade de vídeo da Sony Cybershot DSC-T2

Mércores, Febreiro 11th, 2009

Os reis este ano trouxéronlle á miña muller unha cámara de fotos compacta, tiña interese por ver como gravaba vídeo e que calidade conseguía, pensaba que daba máis pero non chega nin a resolución pal (tan so da a 620×480 con compresión mpeg).

Como cámara compacta para uso caseiro cumple todalas espectativas, a calidade das fotos é boa, a cor bastante correcta, e co modo automático o seu uso redúcese a apretar un botón, con todo seguirei preferindo a reflex dixital, e en canto ao vídeo, non grava mal, pero o seu é facer fotos, para mostra un botón:

Máis vídeos na miña canle de Youtube,

Para saber máis visita: www.tecnivoros.com

Que grandes XGN

Martes, Xuño 17th, 2008

Aí vos deixo un par de vídeos que Guti colgou no blog de mapie de Compies para lembrar aqueles tempos de XGN, eu son o que está tras a cámara e o que montei o vídeo claro.

Non sei se está ben elexida a categoría do post (Curtametraxes) pero parécemo que é a mellor opción

Novos enlaces

Venres, Maio 30th, 2008

Deixo este post para avisar dun par de enlaces que engadín la columna de Blogs, un deles o de Compies un grupo de rapaces amigos meus que viven na Coruña e gañaron o primeiro premio no concurso de vídeo de Mapie da Estrella Galicia ¡6000 euros para ir de viaxe xuntos!. E outro Cousas de Pakito que é outro amigo excompañeiro de clase co que fixen un par de curtametraxes e que xa fixo unha pola súa conta ca súa flamante cámara. Visitádeos que son gratis.