Reportaxe Galo de Curral 2005

Sábado, Decembro 5th, 2009

Aquí vos deixo a reportaxe realizada na «XII Festa Gastronómica do Galo de Curral» celebrada o 29 de Maio de 2005 en Vila de Cruces. Este foi o derradeiro ano, ata agora, que fixemos a reportaxe do galo, e foi o máis profesional.

César Gómez «Checha» actúa coma reporteiro nesta realización multicámara con Césa Brea, Xavier Leiro e Pablo Aldrey coma cámaras xunto comigo, Sergio Mella, que fago de cámara e montador. Aquí deixo a lista de reproducción (4 vídeos).

Reportaxe Galo de Curral 2004

Sábado, Decembro 5th, 2009

Este é o vídeo-reportaxe do Galo de Curral de Víla de Cruces realizado na «XI Festa Gastronómica do Galo de Curral» celebrada o 30 de Maio de 2005 en Vila de Cruces. Coma nos anteriores, eu, Sergio Mella, cámara e montador e César Gómez «Checha», reporteiro dicharacheiro.
É máis curto que os outros e a calidade de video non é optima porque daquela liábame cos formatos de vídeo. Aí tedes a lista de reproducción (2 vídeos).

Reportaxe Galo de Curral 2001

Martes, Decembro 1st, 2009

En Maio de 2001, Checha máis eu decidimos facer un video-reportaxe ao estilo «Caiga Quien Caiga» durante a Festa do Galo de Curral e, despois de oito anos, decidín subilo a Youtube e aquí o tedes, esta partido en dous anacos pola limitación de 10 minutos de Youtube o que deixo aquí é unha lista de reproducción, o seguinte vídeo reproducirase automáticamente. Non sexades moi esixentes, eramos novatos tanto o cámara coma o reporteiro (e o montador…)

Martes de Comedia 2009

Domingo, Outubro 18th, 2009

Xa se poden ver os monólogos do «Martes de Comedia» celebrado durante a Semana Cultural do 2009 (do 3 ao 8 de Agosto) en Vila de Cruces ca participación de: Félix Rodriguez, Ivan Lois, Sergio Mella e o gran Víctor Grande.

Aquí o deixo – trátase dunha lista de 11 vídeos.:

Preparando o IV Rali de Carretillas de Vila de Cruces

Luns, Maio 4th, 2009

Estamos a preparar o IV Rali de Carretillas de Vila de Cruces, agora mesmo estamos ca promoción da competición e preparando uns vídeos.

Ya está colgada a web www.ralidecarretillas.org desde a que, en breve, se poderán ver os vídeos e na que xa se poden ver fotografías das antigas edicións do rali. Co tempo iremos metendo a documentación deste ano pero, para quen non saiba de que vai, pode visitar a sección de Preguntas Frecuentes.

Logo do Rali de Carretillas

3º Premio no concurso

Martes, Marzo 10th, 2009

Non contaba levar nada pero, todo hai que dicilo, a competencia non era demasiado forte, exceptuando as fotos de Rafa que poderían todas as gañadoras, xa que, fotográficamente eran as mellores e o tema tratado penso que o respetaban bastante. 

O premio foi un marco dixital co que por certo me estou pelexando xa que non son capaz de facelo reproducir vídeo é nas instruccións pon que se pode. O primeiro (unha cámara de vídeo) premio foi para, como non, unha muller, cunha foto na que se ven dous pescadores de río, un deles unha muller claro. O segundo (unha camara de fotos dixital) para Rafa cunha foto na que se vé unha rapaza nunha clase de electricidade, sendo os seus compañeiros todos homes. Inda que a que merecía o premio era unha foto dunha señora da limpeza traballando, tamén de Rafa pero claro, tratándose o tema «A Muller en Igualdade» encaixaba mas esta da futura electricista. E a miña pois é a primeira da seguinte galería, na que vemos a un home (meu pai) pasando o ferro. As outras son as fotos cas que concursei como veredes son similares, os efectos aplicados son varios que xuntos fan o chamado efecto dragan inda que non o apliquei de xeito estricto

Unha semana movida

Domingo, Xaneiro 25th, 2009

Este ano o inverno está sendo doente, non fai moito que nos sorprendeu una nevarada ben gorda e esta semana outra inda que nos colleu un pouco máis preparados, o que si nos pillou desprevenidos foi a cicloxénesis explosiva que azotou o norte do país. O seu paso pola Vila de Cruces deixou unha profunda pegada, ademáis de quitarnos a luz durante a noite do venres aos das Cruces e durante toda a fin de semana a gran parte do térmo municipal, o vento tirou árbores, levantou tellados e destrozou as columnas da praza deixando mostra de que a obra pública é un pouco máis sensible aos avatares meteorolóxicos.

Deixo unha pequena galería fotográfica, agardo que vos guste.

http://picasaweb.google.com/sergiodemella/InclemenciasDoTempo#

Xa nos publicaron en La Voz de Galicia

Mércores, Abril 16th, 2008

Curiosamente publicaron a fotografía que sacamos sin contar, sin saber que ese espello estaba aí. 

Tedes que entrar en lavozdegalicia.es para acceder ás fotos, para abreviar déixovos este enlace , (www.lavozdegalicia.es, fotos, chapuzas 3).

Iremos facendo máis, para desfrute do público ademáis deixovos aquí un par de elas máis que, todavía, non se publicaron.

   

O feismo na nosa vila

Domingo, Abril 13th, 2008

Onte, sábado tarde, tomamos a decisión de arrincar co coche, cámara en man, para facer unhas cantas fotos de elementos de feismo arquitectónico no noso municipio ca fin de envialas á Voz de Galicia para que fosen publicadas nos seus álbumes fotográficos sobre estes temas, que podedes ver aquí.

Non lle adicamos moito tempo e tampouco nos movemos demasiado lonxe de Vila de Cruces (capital do municipio), pero foi suficiente para atopar diferentes aberracións arquitectonico-decorativas. Os peches de fincas a base de somieres de ferro son clásicos case que os utilizan de xeito rutinario coma se fora o máis lóxico e normal do mundo o mesmo ocorre cos corjos-bañeira, si, bañeiras de ferro convertidas en bebedeiros para o gando no noso curto percorrido chegamos a atopar ata 6 bañeiras espetadas en verdes prados.

Tamén espellos retrovisores en postes, remolques convertidos en casetos, mistura de materiais constructivos etc…. A ver cales nos meten na voz, en calquera caso probablemente fagamos algún tipo de exposición, isto so foi o primeiro «paseo» faremos máis.