Nova entrada en Worth1000
Martes, Novembro 25th, 2008Din que a terceira vai a vencida, por fin logrei que Worth1000 aceptara un dos meus traballos e aquí o tedes.
Esta vez concursei para tratar de ensinarlle un pouco como vai o tema a Uxio, o meu compañeiro de traballo, entramos en Worth1000, miramos os concursos abertos nese momento e despois dun par de dúbidas escollemos Fountain of Age (A Fonte da Idade) un concurso no que escolles un persoaxe famoso e lle cambias a idade, nos escollimos a Mister T, bueno, M.A. e optamos por facelo máis novo.
O resultado non é demasiado bo, como podedes comprobar, na foto orixinal Mr T di “u” e o neno esta sorrindo o ideal seria atopar a foto dun neno dicindo “u” pero non o demos atopado, ademais tiñamos pouc tempo polo que escollemos o rapaz rindo, o efecto queda bastante cómico e en Worth1000 déronnos un 5,8 ¡aprobado!, o seguinte traballo temos que tratar de facelo para facer podio polo menos. Ademáis nesta web a xente comenta e critica os teus traballos, as críticas soen ser boas e algunhas comentan pequenos erros como por exemplo a orella esquerda que esta colorada ou que deberia de haber máis sombras sobre o colar.
Aqui queda un vídeo do proceso, en tempo real foi algo máis dunha hora e media.











