º Regresar á páxina principal º

Tutorial: Aqua Effect Express

Neste breve tutorial vou expoñer como conseguir o chamado «aqua effect», chámolle express porque este vai ser o xeito sinxelo e rapido para facelo. Utilicei o Adobe Flash, pero poderase facer con calquera programa de deseño gráfico xa que usa ferramentas básicas e comúns a todos eles.

Base

Primeiro debuxamos unha base, non é obrigatoria pero serviranos para facer un marco de cor ao obxecto en cuestión. Acto seguido debuxamos a seguinte figura cun degradado de cor, neste caso escollín un degradado vermello.

Cor

O seguinte será engadir o reflexo superior, que será un rectángulo de menor tamaño de cor branca cunha opacidade progresiva de 0% a 50%.

aquaexpres_03.jpg

Como vedes xa se podería dar por rematado pero compre engadir un detalle máis, un reflexo inferior, marqueino na imaxe de cor verde, debería ser un branco ao 20% de opacidade e acto seguido hai que desenfocalo (con flash Modificar / Forma / Suavizar bordes de relleno), testeade que cantidade de desenfoque é o óptimo, xa se sabe que o deseño grafico ten unha dosis moi elevada de «sentido común»

aquaexpres_04.jpg

Pois isto foi todo, xogando con esta pequena base pódense conseguir cousas bastante chulas e de xeito rápido.

aquaexpres_05.jpg

En próximos tutoriais evolucionarei un pouco sobre a idea do aqua effect para conseguir cousas máis espectaculares inda que, por suposto, incrementando un pouco a complexidade.

2 Respostas a “Tutorial: Aqua Effect Express”

  1. Poe dixo:

    Que bueno!
    Fácil e rápido.

    Sergio reply on Novembro 20th, 2008 %H:%M:

    Si, so hai que facer un par deles e enseguida se lle colle o truco, e podese pasar a cousas mais complicadas

Deixa unha resposta